XEM para todos e todas. Participa nas actividades abertas a tódolos públicos

XEM para todos e todas. Participa nas actividades abertas a tódolos públicos

Os participantes dos diferentes países europeos xa están aquí. Queda menos para colocar o patrimonio ambiental que tanto queremos e que tanto intentamos poñer en valor, no escaparate europeo. Todo dende este PROXECTO X.E.M.  que xa comeza.

Queremos e necesitamos da túa axuda. Máis de vinte persoas acudiron á xuntanza para colaborar nesta fermosa iniciativa. Toda esta axuda fainos ter aínda máis responsabilidade no traballo e máis ilusión aínda para suplir a inexperiancia neste tipo de proxectos.

Coa axuda de toda esta forza humana sacarémolo adiante.

E como queremos abrir o proxecto á sociedade da Costa da Morte, invitámoste a unha serie de actividades que intentan ser organizadas para que todo o mundo poida participar delas.

Anímate, participa!!

Actividades abertas XEM

Posted in Xeral and tagged , , , .