O Proxecto XEM xa está en marcha

O Proxecto XEM xa está en marcha

Hoxe foi un día moi especial xa que poidemos ver materializado o traballo de moito tempo. XEM xa está en marcha. Os e as participantes das catros asociacións reuníronse hoxe para coñecerse mutuamente e repasar o as normas da iniciativa e o calendario de actividades. Alí tamén estiveron entidades colaboradoras da iniciativa como son os amigos de Asociación Galega de Apicultores, Creando Formas e PositiBos. Por suposto, a comunicación sería imposible entre tódolos participantes se non fose pola inestimable de Sheila, que fixo labores de interpretación.

Despois desta primeira reunión, visitamos o Concello de Carballo, onde fomos recibidos polo alcalde Evencio Ferrero. Unha visita moi interesante cuxo resumo poderedes ver na seguinte ligazón.

As actividades da primeira xornada están ocupando o resto do día. As impresións dos participantes ocuparán as páxinas desta web nos seguintes días.

E por suposto, seguimos animándovos a que participedes nas actividades abertas.

Benvid@s
Welcome
Benvenuti
Vitajte
Bienvenue
Pasádeo ben! Gozade!
Have fun! Enjoy!
Amusez-vous bien!
Majte sa pekne! Užite si to!
Divertiti! Buon divertimento!

Posted in Xeral.