Apicultura, enerxía e historia, moita historia. Resumo da segunda xornada de XEM

Apicultura, enerxía e historia, moita historia. Resumo da segunda xornada de XEM

Os participantes no Xem iniciaron onte a xornada na base de Protección Civil de Carballo. Da man de Erika García visitaron as instalación da agrupación de voluntarios e voluntarias e coñeceron de primeira man os programas que leva a cabo a entidade relacionados co medioambiente e a Protección Civil.

Máis tarde, con Tania Varela, desenvolveron os momentos de Youth Pass, o interesante certificado europeo. O grupo trasladouse a Santiago de Compostela e visitou os lugares máis emblemáticos da cidade do Apóstol. Evaristo Domínguez Rial exerceu de intérprete do patrimonio.

O proxecto XEM e o público carballés xuntaronse no Pazo da Cultura nas exposicións de contidos feitas desde A Nosa Enerxía, con Pablo Álvarez e a Asociación Galega de Apicultura, con Xesús Asorey.

A Nosa Enerxía amosounos o seu afán por unha comercialización cooperativa de enerxía limpa. Asentada en valores sustentables, abre posibilidades de conductas moito máis acorde co comercio xusto enerxético co exemplo de proxectos noutros países europeus. O exemplo das abellas como bioindicador foi o plantexamento da entidade apícola de referencia en Galicia. Unha sorte contar con estas organizacións que nós aportaron coñecemento e conciencia desde os seus respectivos campos de especialización.

Xa de noite, os participantes dispuxéronse  a realizar unha das actividades máis importantes de toda a semana. Da man de Evaristo Domínguez Rial e de David Allo, visitamos Pico de Meda a través dun fermoso roteiro nocturno. Pronto ampliaremos información sobre o roteiro.

Hoxe, tras o encontro con entidades locais e reflexionar sobre o que nos move, sairemos cara Vimianzo. Agárdanos o Asalto ao Castelo

Posted in As experiencias, Entidades colaboradoras, Xeral and tagged , , , , .