Descrición do proxecto

X.E.M. é un proxecto de cooperación europea financiado polo Programa La juventud en acción e o Injuve e organizado dende a Asociación Senda Nova de Bergantiños e na que participarán un total de 28 mozas e mozos de catro entidades socias de diferentes países europeos.

O proxecto ten como obxectivo a sensibilización ambiental no ámbito da mocidade e a posta en valor do medio ambiente. Desenvolverase entre os días 2 e 9 de xullo do 2014 en Carballo e no programa inclúense diferentes tipos de actividades como debates, actividades de coñecemento directo do patrimonio ambiental e cultural, de contacto con outras entidades locais, etc.

No proxecto colabora o Concello de Carballo e diferentes entidades privadas e públicas da bisbarra.

Podes colaborar como voluntario no proxecto e podes facelo como participante. Infórmate!

www.sendanova.org
sendanova@hotmail.com / asociacion@sendanova.org
696 155 232